Skip to Content

                                                  

PROGRAMA DE RADIO DA PAZ 2019

VISITA DOS REIS MAGOS

O 21 de decembro, antes do festival, tivemos a visita das Súas Maxestades os Reis de Oriente.

Deixámosvos aquí algunhas imaxes da visita.Premede na fotografía e veredes a presentación das fotos.

 

Álbum: CURSO 2018-2019 -> VISITA REIS MAGOS

CAMPANADAS 2018

Despois da carreira de San Silvestre,o día 20 de decembro, celebramos as doce campanadas dun xeito especial xa que en lugar de uvas comimos ... GUSANITOS!!!! Ademais, disfrutamos da inestimable compañía de Ramón Garcia e Anne Igartiburi.

A continuación deixámosvos o video da celebración:

 

Aproveitamos para desexarvos a tod@s:

 

SAN SILVESTRE

O 20 de decembro celebramos no centro a 1ª Carreira de San Silvestre na que participaron tanto o alumnado e o profesorado do centro como as familias. Queremos dar as grazas ao Concello de Neda polas camisetas suministradas e polo avituallamento.

Podedes ver as fotos da xornada individualmente e descargalas na nosa galería de fotos ou clicando na seguinte ligazón:

SAN SILVESTRE

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da carreira:

Álbum: CURSO 2018-2019 -> SAN SILVESTRE

VISITA AOS BOMBEIROS DO AEROPORTO

14 de decembro, as aulas de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria, visitaron o parque de bombeiros do aeroporto de Alvedro en A Coruña.

Pasárono moi ben.

Podedes ver máis fotos coma sempre na nosa galería ou clicando na ligazón de abaixo:

VISITA AOS BOMBEIROS

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS


O venres pasado, os nen@s de terceiro e sexto de educación primaria, tiveron un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A.  grazas á Asociación de Buceo Medioambiental  "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.

Ao longo de tres sesións, aprenderon RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) ,  como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedoulles moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S:  P de protexer, A de avisar e S de socorrer.

Aquí tedes algunhas imaxes da xornada:

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero


No  do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, os nenos de quinto e sexto de primaria participaron nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a súa participación individual:

 
E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:
 
 
Ademais, o pasado venres 23 de noviembre, o alumnado de cuarto e quinto, participaron na marcha polo bo trato que un ano máis organizou o Concello de Neda e que polo mal tempo tivo lugar na Casa da Cultura:
 
 

 

 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O pasado 9 de novembro, celebramos no centro, o día do Peón:

E tamén o Magosto:

 

Podedes ver máis fotos deste día na nosa galería:

 

MAGOSTO 2015

SAMAÍN 2018

O pasado martes celebramos o Samaín no centro. Ademáis dunha exposición de cabazas, todo o alumnado disfrutou de distintas actividades como: xogos de lanzamento, interactivos, musicais e de percorridos; obradoiros de caroutas e monstros; curtos de medo na biblioteca e a gran atracción estrela A CASA DO TERROR, esta última organizada pola ANPA.

Así de terroríficos estabamos todos:

 

A que damos moito medo, non si?

 

Na nosa Galería  podedes ver as fotos das cabazas e máis fotos da xornada:

SAMAÍN 2018

 

Algúns rapaces e rapazas de 6º de E.P., atrevéronse a entrar dúas veces na Casa do Terror, a segunda acompañados do profe Felipe e da profe Carmen, así que aproveitamos para gravalos. Queredes velos? 

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!


Disfrutade dunhas merecidas vacacións de verán. E se queredes repasar xogando, deixámosvos estas actividades tanto para infantil como para primaria. Facede clic na imaxe para acceder.

 Vémonos o 12 de setembro.

O centro abrirá as súas portas o vindeiro 3 de setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut