Circular Inicio de Curso 2017-2018

Este Martes 12 de Setembro enviouse ás familias a circular de inicio de curso con información básica das xuntanzas así como a presentación do noso proxecto de centro para este ano, así como esta información de interese: 

  • As circulares colgaranse, como todos os anos, no apartado correspondente da web/app.
  • Todo a información dos proxectos do centro estarán no apartado proxectos da web
  • Animámosvos a que participedes dende o apartado: http://participa.ceipdelaredo.com
  • Existe unha canle en telegram  destinada para os usuarios con dispositivos iOS (para Android xa existe a APP aínda que pode descargarse tamén): @ceiplaredo_bot (1. Instalar Telegram 2. Acceder a https://t.me/ceiplaredo_bot 3. Unirse)
  • Deberase entregar o antes posible a actualización de datos/permisos enviada (só para alumnado xa matriculado en anos anteriores, os de nova matriculación non é necesario).
  • Comezarán a funcionar as axendas escolares dende infantil e primaria para o intercambio de información familia-escola (informarase dende as titorías)
  • Este venres, as familias do alumnado que obtiveron algún tipo de libro polo "Fondo de Libros Solidario", recibirán os exemplares concedidos; e será necesario: 
    1. Plastificalos para que esten en correcto estado.
    2. Asinar na primeira folla do libro correspondente ao ano 2017-2018.
    3. Firmar o xustificante de entrega e devolver a titora antes do venres 22 de setembro.