O Cole no XVIII Festival de Títeres de Redondela

Os mellores titiriteiros do mundo levarán nos vindeiros días os seus espectáculos á nosa vila.

A XVIII edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela, ofrece máis de media centenar de representacións. Entre elas, ás dirixidas aos escolares de Chapela no Multiusos Piñeiral do Crego o vindeiro lunes 15 de maio. Asistirá o noso alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de educación primaria á representación “E Se” da man da compañía teatral brasileira Tato Criaçao Cênica.

Un panel de sombras, teatro de animación, música e mans compoñen unha fermosa pez que nos trae moreas de fantasía e humor. “E se” foi recoñecida como o mellor traballo de investigación dentro do teatro de animación no Festival de Teatro de Coampo Mourão de 2008.