Celebración Letras Galegas 2017

Co gallo do día das letras galegas o vindeiro 17 de maio de 2017 no centro traballaranse ao longo desa semana diferentes obradoiros para salientar a vida e obra do autor homenaxeado Carlos Casares...exposicións, murais, curtas, faladoiros e dinámicas lúdicas varias. Traballaremos un conto “A Galiña Azul” en todo o centro así como asistiremos a unha obra de teatro vencellada ao mesmo o 25 de maio.

Lembrámosvos que o vindeiro, 19 de maio, celebraremos o noso xa tradicional maratón, o XXI, se o tempo o permite.