Obradoiro gratuíto de Robótica no Multiusos 22/04

Estades convidados este sábado 22 no multiusos de redondela a un novidoso e gratuíto obradoiro de robótica onde cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis. 

Estes son os horarios dos talleres en Redondela:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza.

Para iso só tes que ir á tenda R de Redondela, na rúa Pai Crespo, 66. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda 886.128.285.