Este venres 21 temos un agasallo para tí, celebraremos con adianto o día do libro, 23 de abril, abrindo as portas do centro as 13h para que veñas visitar a nosa "FEIRA do LIBRO VIVIDO". O alumnado de 5º e 6º de Primaria ofrecerá centos de libros vividos gratuítos aos que nos visitedes e os poderedes escoller ao voso gusto, infantís, xuvenís, coleccións...o pequeno pago será que nos enviedes unha fotografía, selfie e/ou similar, de cada un de vós co voso agasallo a biblio@ceipdelaredo.com.
Estades todos e todas convidados!!!
Co motivo do día do libro celebraremos a nosa particular semana da Biblioteca que terá as seguíntes actividades:
21/04 12:00 Inauguración da biblioteca (só uso de instalación en horario lectivo non préstamo polo momento)
13:00 Feira do LIBRO VIVIDO
25-28/04 12:00 Actividades de expresión artística en lingua inglesa e recital de poemas cada día a cargo dos diferentes cursos (en breve títulos das funcións)