Mañá presentamos os Pasaportes Solidarios Educ. Infantil+Edu.Primaria (08/03)

Que é?

Dentro das nosas dinámicas relacionadas coa convivencia comezamos esta semana co Pasaporte Solidario (PS) é iso, un pasaporte que propón varias actividades solidarias. O PS é individual: entrégase un a cada neno, aínda que as acción solidarias se poden realizar en grupo e coas familias.

Que ten?

O PS ten en cada páxina varias actividades para conseguir o obxectivo de cada un delas "Consumo, Civismo..." Cada unha das actividades están temporalizadas, e serán elaboradas por cada alumno coa axuda da súa familia parea poder conseguir a validación desa actividade.

  • Actividade 0: Ler o Regulamento e cubrir datos persoais pegar fotografia e asinar ( Data límite 13/03 )
  • Actividade 1: Banco de Tempo (Do 13/03-20/03)
  • Actividade 2:  A Rúa (Do 20/03- /27/03)
  • Actividade 3: O Civismo (Do 27/03 - 03/04)
  • Acitividade 4:  O Consumo (Do 03/04 - 18/04)
  • Actividade 5: A Igualdade (Do 18/04 - 25/04)
  • Actividade 6: Internacional (Do 25/04 - 02/05)
  • Actividade 7: Libros (Do 02/05 -19/05

 Animámosvos a colaborar nesta dinámica a todas as familias.