Festa do Entroido 2017 (21/01)

NO CENTRO

Co motivo de facer o vindeiro 24/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colabo-rar, como todos os anos, entregando no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, algún tipo de postre relacionado con estas datas: • Filloas • Orellas • Flores • Rosquillas • Follados (Hojaldres) • Chulas • Bicas O alumnado realizará unha degustación de todos eles con actividades musicais varias propias destas datas. Lembrámosvos que o pasarúas e a apertura do centro ás familias para participar no devandito só se realizará en caso de bo tempo.

En caso contrario, mal tempo, as actividades realizaranse no recinto escolar e as familias, por motivos de seguridade e aforo, non poderán acceder ao mesmo. Observacións da aula Educ. Educ. Infantil: de branco (parte de arriba e de abaixo)

NO ANPA

 Dende a ANPA PENEDOS, temos en mente organizar unha súper FESTA DE ENTROIDO para cele-brar unha época moi especial para os noso/as fillo/as. Este ano a festa se celebrará no Colexio o próximo VENRES 24 FEBREIRO de 17:00 a 20:00h; Os neno/as poderán desfrutar de unha tarde chea de música, xogos, e moita diversión. Os prezos das entradas serán:  SOCIOS: 3 € (2 irmáns: 5 €) // NON SOCIOS*: 5 €

O prezo incluirá:  MERENDA MÚSICA, XOGOS,UN PEQUEÑO AGASALLO PARA TODOS. Único requisito:  Vir disfrazado e con vontade de pasalo ben.  Faremos un desfile para ensinar os disfraces. Un saúdo.