Saída Auditorio Mar de Vigo 3º (09/02)

O alumnado de 3º de Educación Primaria asistirá o vindeiro luns 13 de febreiro ao Auditorio Mar de Vigo para asistir a un acto promovido polo Faro de Vigo. O alumnado presenciará unha entrevista a un coñecido futbolista da primeiro equipo do R.C. Celta de Vigo da man de experimentados xornalistas deportivos. Contarán tamén coa presencia de fotógrafos que nos contarán as claves da fotografía de reportaxe e co recoñecido ilustrador Luis Dávila que debuxará para nós unha tira cómica en directo. Así como poderán realizar preguntas aos diferentes persoeiros presentes a modo de reporteiros. Haberá obradoiros e animacións varias todas elas relacionadas con mundo do periodismo e a prensa.