Saída Museo Pontevedra. Educ.Infantil (10/02)

O alumnado de infantil visitará o Museo Provincial de Pontevedra o vindeiro  10/02 para realziar un obradoiro de Investigación na Arte. O alumnado realizará unha serie de actividades a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea. Algúns dos aspectos que se traballarán son: 

  • A expresión das emocións a través das cores.
  • As formas xeométricas e o espazo. 
  • O desenvolvemento da imaxinación e a exposición oral das ideas.