Gañadores do Premio Nacional "Escuelas Creativas" Ferran Adrià - Fundac.Telefónica

Estamos de noraboa!!!, somos o único centro galego e  un dos poucos centros seleccionados en España pola Fundación Bulli (Ferran Adrià) + Fundación Telefónica para amosar a nosa maneira de traballo no eido da innovación educativa a nivel Internacional e formarmos no BullyLab en materia de traballo cooperativo e creatividade. 

A traxectoria do centro nestes últimos en materia de diversificación proxectos/cooperación/creatividade/tecnoloxía/innovación,  fai que la BulliFundation e a Fundación Telefónica nos recoñeza con este galardón a nivel nacional.

  • Unha experiencia que repercutirá na formación do profesorado con traballo cóbado a cóbado de maneira presencial no BulliLab co mesmo Ferran Adrià en varias Xornadas en Barcelona ao longo deste ano.
  • O centro poderá nutrirse de moitos recursos (humanos/materiais) e xuntanzas intercentros, así como auditar os seus procesos educativos para favorecer cambios de mellora baixo o thinktank do Bulli.
  • O Alumnado/Familias terá a posibilidade de acceder a programas piloto titorizados.
  • Visitas/Faladoiros no centro de persoeiros moi relevantes a nivel nacional e internacional no eido da creatividade/organizacións/cooperación/innovación.

Unha morea de portas abertas...grazas ao traballo de toda a comunidade educativa. Unha razón maís para estar orgullosos do noso centro.

Máis info: