Cocerto Música Popular: "Sandra e Meirol en Xistralia" 3º+4º (02/02)

O vindeiro xoves, 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria achegarase ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir ao concerto de música popular: “Sandra e Meirol en Xistralia”.

Meirol, un amigo músico, e un caracol, acompañarán a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e atrancos. Xogarán cos instrumentos musicais tradicionais e, cos Fastudos, coñecerán un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns, cantarán e bailarán ao son de muiñeiras, xotas ou pasacalles e mesmo, a propia Sandra, estará a piques de ser raptada por Terco: o malvado dragón de dúas cabezas!

Unha fermosa historia musicada polo grupo vigués Gaiteiros de Xistra que non vai deixar indiferentes ao noso alumnado! 

áis info: