Saída Teatro: “AS BOMBAS E O XENERAL”día da Paz. Educ. Primaria (30/01)

O vindeiro luns 30 de xaneiro, co galo da conmemoración do Día da Paz, o alumnado de Educación Primaria asistirá, no Multiusos de Chapela, á representación teatral “As bombras e o xeneral” de Tanxarina Teatro. Trátase dun espectáculo onde recrean con siluetas animadas música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor así que o seu xefe verá frustradas as súas intencións. Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias, cun final amable para unha situación de conflito onde tamén amosan os efectos devastadores dunha guerra.

Máis info: http://www.tanxarina.es/