Proxectos de Convivencia - Programa Mediadores

Dentro do Plan de Convivencia do Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS. Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de xaneiro que a desenvolve , artéllase o “Programa de Mediación entre Iguais”, co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias de resolución de conflitos, ...

 Ao longo deste 2º Trimestre desenvolveranse dende o Dpto. de Orientación unha serie de programas para potencias a convivencia positiva no centro: 

  • Porgrama Mediadores
  • Pasaporte Solidario
  • Calendario Familias
  • Recreos Movidiños

O primeriro programa "Prog. Mediadores" comezará a implantarse no centro a partires do presente mes de xaneiro cun periodo de formación (alumnado de 5º+6º) por parte da Orintadora do centro. A “Mediación entre Iguais”, defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a que as partes en conflito atopen unha solución.O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.

Toda a información en: http://convivencia.ceipdelaredo.com