Saída Teatro "O Mago de Oz" Educ. Infantil (27/01)

O alumnado de Educación Infantil achegarase o vindeiro venres 27 á Sala Ártika de Vigo para asistir á representación teatral “O mago de Oz”. Da man de Avento Producións coñecerán a Dorothy, unha nena a que non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer é todo o que se pode facer. Pero… un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado a levará a un mundo no que as súas regras non lle servirán de nada. Un mundo no que terá que emprender unha marabillosa viaxe se quere regresar a casa.

Máis info: https://artikavigo.wordpress.com/2017/01/16/o-mago- de-oz- avento-producions- 2/