![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/system/files/cono%20e%20horreo%20azul%281%29.png)
Boas, por 2º ano, os nenos e nenas de 6º participarán no concurso dous Maios en Redondela o día 1 de maio. Todo o recadado durante o concurso será destinado á excursión de fin de curso. Convidámosvos a colaborar na montaxe do cono e do Hórreo o martes 30 pola tarde no colexio e a gozar da festa e o concurso ao día seguinte
30/04 Xornada de traballo e convivio: (Todo o centro)
- Entre todas as familias asistentes construirase un MAIO artístico para representar ao centro no Concurso de Maios de Redondela
- Establécese a tarde do 30 de abril como día de traballo e convivencia dos maios.
- Calquer familia que queira axudar está convidada a partir das 16:00 h.
- A media tarde o ANPA convida a unha merenda a todos/as asistentes.
- Sobre ás 20:30h rematará a actividade de convivencia e só quedará o alumnado de 6º de primaria participante.
- Ao redor das 22:30h haberá outra parada para cear co alumnado e darase a oportunidade de que durman no centro ( alumnado 6º de Primaria que deberán traer saco e un pequeno neceser)
É preciso rexistrarse para participar nesta xornada de Traballo así como de ser alumnado de 6º de Primaria especificar se se quedan a durmir.
Inscripción: Anpa@ceipdelaredo.com ou a través do wasap 666 591 228