Iniciación Pentathlon Moderno 09/04

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e as Agrupacións Deportivas da provincia organizan Petathlon Atletismo Adaptado ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado. Unha actividade que loita contra o sedentarismo e fomenta a igualdade de xénero, motivos polos cales este Servizo de Deportes xunto coas ADEs deseñaron esta acción educativa cos seguintes obxectivos. 

Así pois o alumnado de 4º de EP, participará o vindeiro 9 de Abril nunha xornada onde realizarán diferentes probas de atletismo con outros centros da zona. 

Carreiras curta e media distancia, remudas 4x60, lanzamentos de peso, vortex, salto lonxitude...serán probas obxecto do noso alumnado que se realizarán no CUVI.