ANPA: "O Banco da Amizade

Ter un “Banco da Amizade” é outra forma de falar ou de comunicarse.

Se un neno ou nena sintese só/soa ou non ten con quen pasar o intre, sentándose neste “Banco” fará saber aos seus compañeiros/as que espera que alguén se achegue e pregúntelle….Queres xogar comigo? Queres contarme algo? Gustaríanos que nos axudases a facer deste banco un símbolo moi especial escribindo nel, que significa para ti a AMIZADE.

É moi fácil! Envíanos un correo electrónico á dirección anpa@ceipdelaredo.com poñendo no asunto “Banco da Amizade” e escribe AMIZADE = ………………….

Pode ser unha frase ou unha palabra, preferentemente en galego, aínda que este banco admite e fala todos os idiomas.

Tentaremos que todas as palabras e frases que nos cheguen reflíctanse no “Banco da Amizade”.

Tedes de prazo ata o próximo 10/04/24 para enviar as vosas ideas, e como sempre…..

Moitas grazas!