ANPA: CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Bo día:

Desde a Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración co Concello de Redondela, queremos facervos chegar a información e convidarvos a participar difundido entre o alumnado a posta en marca dun CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Do 15 de marzo ao 15 de maio no marco das campañas de dinamización comercial do día do Pai, do día da Nai, Pascua e o Día da Familia pomos en marcha un singular concurso de BANDA DESEÑADA, co obxectivo de fomentar o coñecemento deste medio de expresión artística, que integra texto e imaxe, fomentando o uso da lingua galega e propiciando a interacción da poboación máis nova cos negocios locais, xerando unha maior vinculación e familiaridade.

Ademais, a través deste concurso procuramos o fomento do uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova.

 Neste enlace está dispoñible toda a información, bases e plantillas para participar: https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada

Quedamos a vosa disposición para calquera dúbida ou suxestión que consideredes oportuna . 

aer@empresasredondela.gal