Vexo vexo Xacobeo Contacontos EI+1º+2º (11/04)

O programa Vexo Vexo Xacobeo é un programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado ó significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

A actividade consistirá nun contacontos na biblioteca do centro por parte dun narrador experto.

Entre outros contidos, tratará cos nenos e nenas a cooperación, habilidades comunicativas, resolución de conflitos e contidos sobre o Xacobeo e o Camiño.

O contacontos levarase a cabo en varias sesións que abranguerá o alumnado de infantil e primeiro ciclo.