Visita ao Supermercado 10/04 Infantil

O próximo Mércores día 10 de Abril imos facer unha visita ao supermercado Gadis de Vigo dentro do programa ALIMENTES. 

En que consisten estas visitas? Son unha actividade  nas que un monitor ou monitora Alimentes guiará aos nenos e nenas a través dos corredoiros do supermercado tratando temas de alimentación saudable, consumo responsable, reciclaxe e desperdicio alimentario entre outros.

Pararémonos en cada sección (peixería, froitería, carnicería, conservas, etc) e explicamos os contidos adaptándonos a cada nivel educativo dunha forma amena e visual e intentaremos coñecer os tipos de carne, peixe e froitas a nosa disposición para que as mercas coas familias sexan máis saudables.