Avaliación diagnóstico 2023/24 - Comunicación ás familias

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf