Celebramos o Día Mundial da Infancia: Superheroes!!! 21/11

 

Queridas familias,

Estamos moi ilusionados de presentarvos a nosa celebración do Día Mundial da Infancia.

A partir dun email fomos coñecedoras da historia dunha cativa de Mos que padece dende os 2 meses de vida Retinoblastoma que é o cancro de ollos máis frecuente en menores de 6 anos. En Galicia non tratan esta enfermidade polo que está a ser tratada no Hospital Sant Joan de Deu (Barcelona).

Pertence á Fundación A Nineta dels Ulls que ten como misión potenciar a investigación do Retinoblastoma e dalo a coñecer para mellorar a calidade de vida dos pacientes e as súas familias. Dende esta asociación convídannos a participar na 3º Xornada de superheroínas e superheroes.

Con esta xornada queremos dar a coñecer o retinoblastoma e os seus síntomas para conseguir un diagnóstico máis precoz da enfermidade e, por outra banda, promover a inclusión de todos/as os nenos/as que a padecen nas aulas.

Así,o día 21 de Novembro, convertémonos en superheroínas e superheroes porque todos temos algún superpoder…

É ti, que superpoder tes? Algunhas somos excelentes corredoras, outros especialistas en contos, outras en sacar sorrisos,…

Infantil: Na mochila atoparedes un raio/estrela onde vos pedimos que nos escribades cal é o superpoder do voso/a peque. Con eles despois na aula traballaremos que superpoder cren que teñen eles/elas, os seus compañeiros/as, as súas familias, profes ...

Ese martes, tanto Infantil coma Primaría, poderán traer unha capa de superheroe/superheroína.

Coma sempre, agradecemos moitísimo a vosa colaboración, un cordial saúdo.