Participa no Proxecto AESAN - OMS "Estudo Aladino 2023" (1º+2º+3º+4º)

Prezado/a pai/nai/titor, 

Como ben sabe o centro dende o 2017 ten un certificado de calidade"Selo Vida Saudable Ministerio Educación" revisado anualmente, 6 anos despois dende a OMS propónsenos como centro piloto para un proxecto internacional ao que se lle solicita a súa participación anónima nunha enquisa.

Esta enquisa realízaa a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) do Ministerio de Consumo e en colaboración coas Consellerías e Departamentos de Educación e Sanidade das Comunidades e Cidades Autónomas.

OEstudo ALADINO realízase en España como parte dunha iniciativa da ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE-Europa (OMS) en máis de 40 países. O seu obxectivo é promover a saúde e o benestar dos nenos e nenas na educación primaria. A aula do seu neno/a foi seleccionada para participar. A participación no estudo consistirá en que encha este cuestionario que trata sobre a saúde do seu neno/a e as actividades que realiza que poden influír no seu benestar. Por isto, gustaríanos que responda este cuestionario, se é posíbel xunto co seu neno/a.

  1. A información que nos proporcione será utilizada para desenvolver mellores programas de saúde para nenos e nenas.
  2. Ademais, nos vindeiros días un técnico do Ministerio acudirá ao centro a tomar medidas de peso, estatura, perímetro de cintura e cadeira dos nenos/as.
  3. A información recollida nol cuestionario é totalmente confidencial

Agradecémoslle sinceramente a súa valiosa colaboración, que axudará a mellorar a saúde dos nosos nenos e nenas.

O acceso ao formulario chegará en breve por ABALAR.