ANPA: Agradecemento a conunidade educativa

Estimadas Familias, 

vaia por diante o agradecemento por colaborar, axudar e mobilizarse no relacionado a caída do poste de teléfono que xa duraba 6 días preto do centro educativo e que con independencia das chamadas, rexistros e mails ao concello aínda seguía sen retirarse; con todo a día de hoxe, depois de notas de prensa varias, en cuestións de horas solucionouse unha situación sensible.
Así mesmo estamos pendentes das xestións do concello (coa preceptiva empresa) para a reparación do poste eléctrico sito na entrada o cal esta altamente deteriorado.

Desculpade as molestias ocasionadas.

Especial agradecemento a Nieves Dominguez y Carlos Lllera (La Voz de Galicia) por axilizar as novas en prensa e tvg.

  • Nova CRTVG: https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/seis-dias-sen-retirar-un-poste-caido-ao-caron-dun-colexio
  • Nova Voz de Galicia: https://twitter.com/CEIPLAREDO/status/1721889468855308575