Alta en Alerta Escolar

Estimadas Familias como cada ano pregamos a todas familias con alumnado no centro con patoloxías susceptibles a compromiso vital que se den de alta no programa ALERTA ESCOLAR.

QUE É ALERTA ESCOLAR

É un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

  • Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
  • Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
  • Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).

OBXECTIVO

Alerta Escolar pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres non chegan os recursos adecuados) e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

COMO INSCRIBIRSE

Os pais que queiran inscribir aos seus fillos no programa Alerta Escolar poderán facelo a través da seguinte ligazón da Consellería de Cultura, Educación e Universidade 

https://www.edu.xunta.gal/protocoloseducativos/

Un saúdo cordial

- Manual uso da plataforma