Club Lectura: 4ª Sesión "Os minimortos"

Prezados e prezadas lecturaclubistas de Laredo: O próximo mércores, 2 de novembro, ás 15:45 celebraremos a cuarta sesión do club na biblioteca do cole.

Con motivo do Samaín dedicaremos a primeira parte da sesión á presentación de cada un dos cinco volumes da serie Os minimortos de Ledicia Costas. Bo Samaín! Pasade moito medo e aproveitade para vivilo tamén lendo Os minimortos!!!