Teatro García Barbón "Tarzán" 5º+6º (22/01)

O vindeiro martes 22 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, achegarase ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir á representación teatral da obra: "Tarzán".

O coñecemento da lingua inglesa, a superación persoal, o traballo en equipo, os sentimentos e a interacción cos escolares serán algúns dos valores que poderemos apreciar nesta obra. Inspirado nas novelas de Edgar Rice Burroughs, nesta historia un avión estrélase no medio da selva.

O único sobrevivente é un bebé que será adoptado por unha parella de monos e convertirase en Tarzán. Mentres tanto, Jane Goodall, unha documentalista amante da natureza, e o seu prometido, Archibald Porter III, cazador, están de expedición na xungla co seu equipo (persoas afortunadas do público)...