Gala Festival Cine Internacional 03/12

Grazas a vosa participación na longametraxe realizada o ano pasado no centro “Laredo nun Día” estamos entre os finalistas para acudir a un certame de Cine Internacional en Ourense e defender a nosa candidatura. Así pois, este luns 3 de decembro, os rapaces participantes de 3º+4º+5º+6º irán en representación do centro para disfrutar dunha ceremonia entre actores e actrices de recoñecido prestixio, photocalls a altura das súas actuacións, visionado de curtas nominadas e unha festa adaptada para estes cativos. O fallo dos premios realizarase o mesmo día con todos os convidados/as.

É preciso que o alumnado leve:

  • “Roupa de Gala” voluntaria (aquela que os faga sentir especiais posto que son os protagonistas)
  • Merenda de Mañá / Comida e auga
  • A saída está programa ás 09:20 am 
  • A volta no centro ás 17:30 pm
  • A saída será subvencionada nun 50% polo centro.