RETO 6: DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO)

 

O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario e todos os anos facémoslle una homenaxe en forma de fotomural. Este curso non vai ser menos!

Rosalía de Castro está tan de moda e tan vixente hoxendía, que a podemos atopar como icona e ilustración de innumerables modelos de mascarillas…por que non facer a nosa propia versión para homenaxeala?

Esta é a nosa proposta: utilizando a plantilla de mascarilla que vos adxuntamos, tedes que deseñar unha mascarilla que “fale” de Rosalía; coa súa imaxe e algún dos seus poemas, todo moi colorido e ben recortado para poder fotografiarvos e formar parte do mural de homenaxe.

 

Animádevos a participar!  Se precisades un modelo impreso, non dubidedes en pedilo e lembrade que tedes ata o 12 de febrero para enviar a vosa foto coa mascarilla a musica@ceipdelaredo.com.

DESCARGA MODELO MASCARILLA