Blogues

Saída Museo Pontevedra 05/02 (3+4anos)

O vindeiro venres 8 de febreiro, o alumnado de 3 e 4 anos, visitará o Museo de Pontevedra para participar no programa educativo: pensArte.

Carta Parabéns Conselleira Educación Carmen Pomar aula 2ºEP

Clic para leer.

Obradoiro Musica-Percusión 5º+6º (29-30/01)

Mañá Martes comezamos un obradoiro de música e percusión de dous días de duración impartido por senlleiros da temática onde a creatividade o refugallo e a composición musical serán o leitmotiv. 

Así pois o alumnado de 5º+6º de EP disfrutará da posibilidade de coñecer e vivenciar a música nun estado diferente.

 

Teatro García Barbón "Tarzán" 5º+6º (22/01)

O vindeiro martes 22 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, achegarase ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir á representación teatral da obra: "Tarzán".

Calendarios Competenciais 2019

Hoxe enviaronse aos domicilios os calendarios competenciais para a realización voluntaria das familias vencelladas ao curriculo do centro tanto para primaria e infantil. 

Desexamos que sexa de moito proveito anual. 

 

Pregamos Participación Familias Proxecto sobre Mobilidade Escolar

Pregamos a colaboración das familias de primaria neste estudo de mobilidade segura que se está a realizar dende o Concello de Redondela de maneira piloto para mellorar os accesos peoniles ao noso centro.

Distribuir contido