Novo Servizo de Comunicación Infantil (Canles Telegram)

Co motivo de axilizar as comunicacións Escola-> Familia o centro pon a disposición das familias de infantil dunha canle unidireccional de información de aula (só se recibe información da aula do alumno non se pode comunicar coa titora correspondente, non é un grupo de whatsapp) a través da aplicación Telegram.

O proceso é ben sinxelo:

  1. Acceder mediante o móbil a páxina:
    1. https://t.me/ei3anos
    2. https://t.me/ei4anos
    3. https://t.me/ei5anos
  2. Descargar a APP telegram (no caso de non a ter instalada no terminal)
  3. Ler as novas/información/circulares da aula periodicamente.
  4. En caso de dúbida acudir a titora correspondente.

Pretendese así mellorar a información coas familias en idades temperás,  avisos de última hora...

Agradecemos de antemán a colaboración.

P.D. Máis canles de comunicación co centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/76