Entrega Premios Faro da Escola 5º+6º (28/05)

O vindeiro Luns 28/05 o alumnado de 5º e 6º asistirá a Entrega de Premios "Faro da Escola", proxecto no que participamos por terceiro ano consecutivo e o noso alumnado ten algún que outro recoñecemento polo seu labor periodístico, de investigación ou de narración. 

Castrelos será o escenario dunha ceremonia moi especial onde centos de alumnos/as , "futura canteira do periodismo", terán cita para intercambiar os seus periódicos, impresións e maneiras de contar a súa realidade escolar.

P.D.: En breve sairán os periódicos para as casas do alumnado.