"ESTRELAS SOLIDARIAS" | ||
VER MEMORIA VISUAL DEL PROYECTO O presente proxecto pretende a creación dunha cooperativa educativa “Estrelas Solidarias”, baseada nos estándares competenciais dos proxectos, "Depoemprende" da Deputación de Pontevedra, “Eduemprende” da Consellería de Educación organizada dentro dos "Contratos-Programa" da Xunta de Galicia. Así pois, o alumnado de 3º+4º+5º e 6º de primaria potenciará a competencia en ciencias e tecnoloxia e a iniciativa e o espírito emprendedor coa creación/xestión da mencionada microempresa cooperativa e a produción , análise, manipulación e venda dos seus produtos intanxibles e manufacturados. - "Vendaranse" estrelas auténticas expedínose un certificado co nome da persoa. Mencionadas vendas terán unha finalidade solidaria apoiando a: SOGAPS (Infancia Saharaui) O produto será producido dende o centro mediante a creación dun club de ciencias que vinculará a parte tecnolóxica coa solidaridade Con todo: o concepto de empresa, o coñecemento dos sectores industriais do entorno, dos produto, a planificación de gastos e inversións, o deseño do produto, a súa trazabilidade e difusión, a creación de videos e promos, multimedias, cuñas publicitarias, packagings,… serán os conceptos que guíen este proxecto. Tecnoloxía+Emprendemento+Solidaridade= ESTRELAS SOLIDARIAS |