Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu Bocata" Infantil+Primaria (23/03)

Mañá Venres 23 realizaranse 3 obradoiros sobre o consumo de conservas do mar dunha maneira saudable e divertida!. Dentro dos proxectos de alimentación saudable do centro xunto con ANFACO desenvolverase a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata". Moreas de exemplos divertidos e combinacións saudables con conservas e alimentos básicos.

Acelerador, Alcalino, Neutrón, Raio, Propulsión, Magnetón....son o nome das combinacións dalgúns dos bocatas que fará o alumnado, así como crearán a súa propia receta e experimentarán con sabores e diferentes texturas.

Esta actividade non ten custo para as familias do centro pois está dentro das dinámicas e proxectos deste ano grazas a colaboración con ANFACO.