Dentro dunha semana..."Laredo nun Día" vai Planificando!!!!

Dentro dunha semana, o 10 de Marzo de 2018, vos convidamos a que gravades nas casas un minuto de sentimentos: ledicia, amor, ira, medo, aburrimento, expectación, sorpresa...que acontezan nese sábado, tedes todo o día para facer unha gravación e enviala ao noso director Edwin Veras a través do correo laredonundia@ceipdelaredo.com.

Podedes ir planificando cómo, qué ou con qué o faredes...

Animádevos... con todas as vosas participacións faremos una película con premiere incluída!!!