Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Participa na nosa Película "Laredo nun Día" 10/03/2018

Hoxe, 14 de febreiro, é un día especial cheo de emocións e por elo vos presentamos un proxecto de creación social dentro do traballo que ven desenvolvendo o noso centro coa Fundación Botín no eido da educación Emocional e a Arte: "LAREDO NUN DÍA". (Ver vídeo Promo)

Coa intención de dar vida e voz ás historias da nosa comunidade educativa e co obxetivo de traballar a Educ.Emocial do alumnado animámosvos a participar na creación dunha película gravada polas familias, no que se reflitan medos, alegrías e soños da nosa entorna...queremos coordinar as vosas contribucións, gravacións e creacións; que fagan espertar ese cineasta que levades dentro...anímaste? Cantas máis contribucións mellor, maís diversidade e protagonismo dos nosos alumnos (diante ou detrás das cámaras) 

A película gravaríase o 10 de marzo por cada familia e enviarase como data tope o 18 de Marzo. Xa podedes ir pensando nese gran día, onde moitos de nós estaremos gravando un momento da nosa vida para compartir!!! Posteriormente faremos unha gran Premiere no Multiusos do Piñeiral do Crego só coas familias e alumnado participante.

De seguro que xorden moitas preguntas...pois todas elas están respostadas na páxina do proxecto: http://laredonundia.ceipdelaredo.com
P.D.: Máis dúbidas?...Un pai do noso centro, profesional do sector, será quen coordine e dirixa todo este proxecto: Edwin Veras (Iria 5 anos + Ana Amelia 5ºEP). Grazas!!!