Convocatoria axudas necesidades educativas especificas

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na páxina http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/becas-ayudas.html ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo (opción que recomendamos).

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que xuntamos no anexo desta nova. 

Tamén lle enviamos unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución. Agradecemos que a lean con atención e para calquera dúbida poden contactar con nós por teléfono ou escribirnos a este mesmo correo electrónico.

AdxuntoTamaño
BOE-A-2014-7403.pdf243.69 KB
Impreso_ed_esp_14_15.pdf79.78 KB