Saída a Baiona 3º+4º (24/01)

Xa está de volta o equipo dos "Arroases"!!! Dentro do proxecto de centro de fomento e sensibilización por unha dieta sá o alumnado do centro de 3º+4º realizará unha saída didáctica o vindeiro mércores, 24 de xaneiro,  ao Concello de Baiona.

A actividade, enmarcada dentro do programa "O sabor da aventura está no mar!" conta co seguinte programa:

  • 9:05 horas: Saída do centro.
  • 9:50 horas: Recepción dos visitantes.
  • 10:00 - 12:00 horas: Visita ao porto, lonxa, e Museo Casa da Navegación. A visita comezará no porto, cun percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca que empregan os mariñeiros. Visitarán o edificio da lonxa, no que aprenderan información sobre as especies capturadas na zona, as diferentes artes de pesca empregadas, o etiquetaxe dos produtos pesqueiros, e simularán unha poxa ficticia. No museo Casa da Navegación poderán aprender todo o relacionado con Colón e a súa viaxe; así como, as artes de pesca empregadas na época.
  • 12:00 - 13:15 horas: Visita á praza de abastos e cátering. Durante a visita á praza de abastos visualizarán a variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura. Logo da visita, disfrutarán dunha pequena "merenda mariñeira" mediante a que coñecerán os alimentos do mar dende o punto de vista culinario.
  • 13:15 horas: Regreso ao Centro Educativo.

A actividade é de balde grazas ao proxecto do centro coa Consellería do Mar e o Concello de Baiona.