Festa de Gala-Nadal 2017

 

Estimadas familias; co remate deste trimestre e a chegada das vacacións de Nadal queremos pedir a vosa axuda para organizar a Festa de Gala de Fin de Ano , como ven sendo tradición nestas datas. O xoves 21 de decembro organizaremos a nosa festa de Fin de Ano, polo que se esixe un “plus de ele-gancia” para asistir e tomar as uvas de cambio de ano en condicións  !

Con todo, ese día teremos unha visita inesperada no centro, virá o fillo de Baltasar, o príncipe “Joa-quintasar” a recoller as cartas dos rapaces e a falar con eles, para iso faremos unha recepción oficial da súa chegada coa seguínte planificación como a ocasión o require:

  • 09:00h Entrada do alumnado ao centro e recepción por parte dos Paxes Reais.
  • 09:30h Chegada en barco do Príncipe Joaquintasar ao peirao do Cole (é posible que se adíe): o Recepción de todo alumnado do centro no peirao o Visita guiada do Emir polo centro a cargo do alumnado de 6º EP
  • 10:00h – 11:00h Recepción oficial das cartas do alumnado de Educ. Infantil+1º+2º// Photocall
  • 11:00h – 12:00h Recepción oficial das cartas do alumnado de 3º+4º+5º+6º // Photocall
  • 12:00h-12:30h Intercambios de postais Padriños e Afillados Lectores
  • 12:30h Badaladas + Uvas
  • 12:45h Merenda – Festa de Nadal
  • 13:30h Entrega de Notas
  • 14:00h Saída do alumnado

Somos sabedores do gusto do Príncipe por estas dúas panxoliñas e coreografía, anímaste a cantar e bailar con él?:

Achegamos a carta oficial para entregar ao Príncipe: Moitas grazas pola vosa colaboración!