Saída Museos Científicos Coruñeses EI5anos+Toda Primaria (09/01/18)

Este Luns 18/12 sairá unha circular informativa sobre unha saída que realizaremos toda primaria xunto co alumnado de 5 anos de Educ. Infantil o 9 de Xaneiro de 2018 (día seguínte a volta de vacacións de nadal), o motivo da anticipación desta información e o de que nesta semana debemos recadar os cartos (entregar o diñeiro a titora antes do xoves 21/12) da viaxe do alumnado a cal será subvencionada un 40% polo centro educativo.

 A saída será ás 09h e a volta estimada ás 19h, o alumnado deberá levar as 3 comidas (mediamañá, comida e merenda)

Os museos que visitarán (adaptadas a cada idade) serán: 

  • Casa das Ciencias e Planetario
  • Casa do Home
  • Casa dos Peixes
  • MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía)

Esta actividade está dentro do Proxecto Laika  deste ano, que pretende achegar a ciencia e o universo dunha maneira vivencial ao alumnado. 

+ Infor Ver Circular: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/40