Mañá mércores 26 de abril teremos un privilexio de contar no centro, co motivo da organización da 2ª Carreira de orientación Concello de Redondela (domingo 7 de maio), co clube AROMON Montañeiros de Pontevedra A Roelo, os técnicos darannos unha charla práctica sobre carreiras de orientación cos seguíntes contidos:
- Historia e actualidade da Orientación (inicios, clubes, federacións, calendario, probas oficiais, extra-oficiais,...)
- En qué consiste? (descrición, dónde se realiza, cómo, cándo, material preciso,...)
- Modalidades Porqué practicar orientación? (Diversión, en entornos naturais, obxectivos persoais, esforzo mental + físico, categorías diversas, económico,...)
- Información de probas en Galicia
- Información de inscrición na proba do Concello de Redondela
- Usos dos mapas, elementos de orientación, balizas, sinalizacións...
Un obradoiro eminentemente práctico para coñecer un pouco máis este deporte!!!