Roteiro de Orientación (13/06) Bach+6º

O vindeiro luns, 13 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria realizará un obradoiro, xunto con alumnado de Bach. do IES de Chapela, de orientación que se vai levar nas inmediacións do noso centro. Logo dunha pequena explicación no patio do colexio a cerca das técnicas de ubicación que van a precisar, os alumnos e alumnas iniciarán esta experiencia na que terán que por a traballar a súa agudeza e intelixencia espacial.