Saída Científica Río Alvedosa (4º,5º e 6º) 31/05

 O vindeiro martes, 31 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ten programada unha saída ao Río Alvedosa como actividade final do Proxecto Ríos no que o centro está a participar. Se o tempo o permite, faremos unha pequena ruta ao seu paso pola parroquia de Reboreda, na zona das Fervenzas da Feixa onde se atopan os antigos muíños.

Aproveitarán tamén para observar as especies presentes da flora e fauna e facer unha inspección da saúdo do río neste tramo (medición de bioindicadores como a temperatura, PH ou nivel de nitratos, impacto do lixo, etc).