Saída Concerto Didáctico Afundación 08/04 (5º+6º)

O vindeiro venres 8 de abril o alumnado de 5º e 6º de E.P. asistirán ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir ao concerto didáctico: “Estamos no verán”. 

Da man de Son + D2 imos descubrir a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música. 

Un espectáculo para que os nosos cativos canten, bailen e improvisen ao ritmo de diferentes estilos (rock, pop, jazz, blues, bossa nova...). Música en directo, danza e elementos teatrais ou de clown mestúranse para facilitaren unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.