Club de lectura na Biblioteca Chapela (7-10 anos)

Na Biblioteca de Chapela , que está no Multiusos do Piñeiral do Crego, veñen realizando un Club de lectura para nenos e nenas entre 7 e 10 anos, para favorecer o fomento da lectura. Parécenos unha actividade moi axeitada e os nenos e nenas divírtense moito nela.

É un mércores ao mes. As próximas sesións son o 17 de febreiro e 16 de marzo.

Están lendo “A serea da Illa Negra” de Agustín Frenández Paz. Se queredes máis información podedes poñervos en contacto coa Biblioteca ou na dirección bibliotecachapela@redondela.es