Estimadas familias, o ENTROIDO xa está aquí e no centro comezamos coa súa celebración mirade atentamente a nosa programación:
Ao longo da seguinte semana deberemos prestar atención e cumprir as ordes do noso MECO. Cada día recibiremos unha diferente, vencellada a distintos pobos ou culturas. Así, se un “castigo” non queren asumir e un “punto vermello” recibir, preparade os seguintes complementos e maquillaxes:
Se o tempo acompaña, o venres faremos o tradicional pasarrúas para que cada neno/a xunto a súa clase nos amosen as súas disfraces. Este ano o pasarrúas será do máis MULTICULTURAL e estades as familias convidadas a acompañarnos ( … se é disfrazados moito mellor!)
As 12:20 é a hora estimada na que sairemos do centro para iniciar o pasarrúas no seu percorrido habitual.
Rematado o pasarrúas, á nosa chegada ó centro deleitarásenos cunha degustación dos diferentes doces e sobremesas típicas desta festa: orellas, filloas, flores, farropeiras, chulas...
Para elo, precisamos da vosa colaboración e que cada neno/a aporte algo ese mesmo día. No caso de alumnos que sexan irmáns é suficiente con que traia un deles. As familias estades tamén convidadas á degustación, podendo permanecer no patio do colexio ata a hora da saída que será a habitual 14:00h, non podendo levar aos rapaces ata a mencionada hora.
O pasarrúas non se poderá facer e o alumnado amosará os seus disfraces na aula de usos múltiples onde degustarán logo os doces típicos do entroido. Neste caso, por razóns obvias de espazo, aforo e seguridade, as familias non poderán participar.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e a desfrutar deste Entroido 2015!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ENTROIDO_FAMILIAS.pdf | 434.47 KB |