Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Axudas Comedor 2022-2023

Apertura do prazo das solicitudes das axudas de comedor escolar 2022/2023 para as familias que teñan escolarizados as súas crianzas nos colexios públicos de infantil e primaria de Redondela.

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende mañá 31 de AGOSTO ATA O 29 DE SETEMBRO DE 2022.

As Bases e Anexos están publicadas no BOP de 22 de agosto de 2022, nº159. (arquivo adxunto)

En breve estarán publicadas na web do Concello por se alguén prefire entregalo telematicamente. Por se é do voso interese informar ás familias que participan ou teñen contacto nas ANPAs. Calquera dúbida non dubidedes contactar con nós, tanto con Patricia (Redondela) como con Rosalía (Chapela).

Dende a ANPA penedos queremos axudar a estas familias e teremos una representante da ANPA no colexio para calquera aclaracion e recollida da documentacion.

Dende o 31 de agosto ata o 7 de septembro en horario de 10 a 12. e desde o 8 de Septembro ata o 16 de Septembro en horario de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00

 

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.