Estimadas Familias, dende hoxe ata o 31 de Maio estará aberta a convocatoria para a solicitude de diferentes tipos de axudas para o curso 2022-2023
SOLICITUDE ÚNICA DE 3 AXUDAS PARA O CURSO 2022/2023
QUEN PODE SOLICITALA
Todas as familias que para o vindeiro curso académico 2022-2023 estén matriculadas nalgún curso de primaria
QUE PODO SOLICITAR:
- 1º+2º: Cheque Libros de texto e Cheque Material
- 3º+4º: Acceso Fondo Libros e Cheque Material
- 5º+6º: Cheque Material (Non existen libros programa EDIXGAL)
CALES SON OS UMBRAIS DE RENDA PER CÁPITA* PARA CONCESIÓN
- Acceso Fondo Libros: Non hai umbral repártense os libros existentes no centro por orde de renta (de existir libros para todos/as repartiranse todos/as pero é preciso facer a solicitude)
- Cheque Libros:
- Renda per cápita menor ou igual a 6000€=210€
- Renda per cápita de 6000€ a 10000€=140€
- Cheque Material:
- Renda per cápita menor ou igual a 6000€=50€
*Cálculo Renda per cápita: Exercicio fiscal 2020: Base impoñible 435 +Base Aforro 460 / entre os membros da familia.
DATAS // Art. 21.2. Prazos fixados polo centro
- Solicitudes: Dende 23 de Maio ata 31 de Maio por sede electrónica
- Devolución de libros 3º e 4º: semana 13-17 de Xuño.
- Devolución ordenadores EDIXGAL 5º+6º + empréstitos covid: 20-21 de xuño.
- Resolución Provisional: 03 de Xullo
- Resolución Definitiva: 08 de Xullo
- Entrega de Cheques Material: 09 de Xullo de 10 a 13h
- Entrega de Cheques Libros de Texto 09 de Xullo de 10 a 13h
- Entrega Libros Fondo Libros 3º+4º EP Setembro 2022
SOLICITUDE TELEMÁTICA
Procedemento:
- Premer no boton entrar e acceder apartado cidadán.
- Crear solicitude - Buscar Centro - Premer opcións
- Cubrir os datos da solicitude de axudas
- Premer en presentación en papel no centro (imprimir e entregar a documentación na secretaria do centro de 09 a 10h)
- Ata o 31 de maio incluído.
Toda a información en: http://novocurso.ceipdelaredo.com