Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Festa dos Maios

A festa dos Maios está a chegar e despois do éxito do curso pasado, queremos repetir e facer o noso Maio.

E como non, precisamos da vosa colaboración. Necesitamos que recollades e gardedes nas vosas casas o material necesario para construír o Maio, pero imos organizar a tarefa en función dos ciclos.Todo o material que pedimos pódese atopar nos campos, nos camiños, nas vosas propias fincas e xardíns ou nas das vosas familias.

O que máis necesitamos é fiúncho, por iso pedímosllo a todo o alumnado.

  • EI: fiúncho, pampullo e margaridas brancas.
  • 1º e 2º curso: fiúncho, pampullo e cáscaras de ovos (baleirar os ovos facendo un pequeno buraco en cada punta, sen romper a cáscara).
  • 3º e 4º curso: fiúncho, pampullo e laranxas (as laranxas das vosas propias laranxeiras, nada de mercalas para a ocasión).
  • 5º e 6º curso: fiúncho, pampullo e mirto e flores para adornar.

26 de ABRIL: Data de entrega do material

27 de ABRIL: Obradoiro MINIMAIO para as familias.

29 de ABRIL: Festa dos Maios: deberán vir vestidos con pantalón vaqueiro e camisa ou camiseta branca. Tamén poden traer unha boina negra se a teñen ou poden conseguir.